Equipo

A Dra. hab. Agnieszka Szarkowska é profesora adxunta no Instituto de Lingüística Aplicada da Universidade de Varsovia. É a fundadora e directora do Laboratorio de Tradución Audiovisual (AVT Lab, www.avt.ils.uw.edu.pl), especializada en tradución audiovisual, concretamente en subtitulación para persoas xordas e con discapacidade auditiva, así como en audiodescrición. Por levar a cabo unha investigación pioneira sobre a subtitulación en directo a través do refalado, tanto a ela como ao seu equipo outorgóuselles o primeiro proxecto de investigación polaco sobre refalado, financiado polo Centro Nacional de Ciencias de Polonia. É membro da Asociación Europea de Estudos sobre Tradución Audiovisual (ESIST) e da Sociedade Europea de Estudos de Tradución (EST), e é membro honorario da Asociación Polaca de Tradutores de Audiovisuais (STAW).

                               

                                 

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content