O catedrático Franz Pöchhacker dedícase á investigación e ó ensino na área da interpretación dende 1990, e traballou cunha gran variedade de temas no campo dos estudos de interpretación. O seu traballo sobre a calidade na interpretación simultánea, de particular relevancia para a subtitulación interlingüística en directo, reflíctese, entre outras cousas, nun proxecto de investigación de dous anos (2008-2010) financiado polo Fondo de Ciencia de Austria, que supuxo deseños experimentais innovadores e técnicas analíticas centradas nas características prosódicas da transmisión oral dos intérpretes. Na área de formación de intérpretes, realizou investigacións con enquisas sobre prácticas de ensino e supervisou numerosos proxectos de investigación de mestrado sobre diversos aspectos da formación de intérpretes, incluídas estratexias de interpretación, traballo en equipo e uso da tecnoloxía. O seu modelo de competencia en interpretación, publicado por primeira vez en 2000, pode servir como punto de referencia para modelar as destrezas e competencias necesarias para a nova tarefa da subtitulación interlingüística en directo.
Franz Pöchhacker
