É membro do equipo de Dostepni.eu, pioneiro na creación de subtítulos en directo a través do rehablado en Polonia cos primeiros eventos políticos e sociais accesibles en 2013, o primeiro subtitulado interlingüístico en directo en 2015 e a primeira retransmisión televisiva polaca con subtitulación en directo a través do refalado en 2017. Ten experiencia traballando como intérprete, refalador, tradutor audiovisual e tamén proporcionando sobretítulos en teatro. Na actualidade, traballa no seu doutoramento, que versa sobre as competencias e a calidade na subtitulación en directo.
Tamén traballa como consultor lingüístico para plataformas de streaming e difusión na campo da accessibilidade e da calidade da tradución audiovisual. É membro do Laboratorio de Tradución Audiovisual da Universidade de Varsovia (AVT Lab), a Asociación Polaca de Tradutores Audiovisuais (STAW), a Sociedade Europea de Estudos de Tradución (EST) e a Asociación Europea de Estudos sobre Tradución Audiovisual (ESIST).