Jesús Meiriño Gómez é licenciado en Tradución e Interpretación (2009) pola Universidade de Vigo e ten un mestrado en Tradución Xurídica e Económica (2010) pola Universidade de Alacante. Actualmente é estudante de doutoramento na Universidade de Vigo. A súa tese céntrase na tradución de textos de divulgación económica do inglés cara ao español e, máis en concreto, en como se comportan as metáfora e mailas expresións lingüísticas metafóricas no dito proceso de transferencia. Estivo contratado no proxecto «Gender Identity: Child Readers and Library Collections» e agora mesmo é persoal de apoio á investigación do proxecto «Interlingual Live Subtitling for Access». Jesús tamén impartiu docencia en Tradución no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo.