Equipo

O Dr. Pablo Romeu Fresco será o coordinador deste proxecto.

Pablo liderou a investigación e a formación en subtitulación en directo e refalado durante os últimos dez anos. Estableceu os primeiros cursos presenciais e en liña de refalado en España (na Universitat Autònoma de Barcelona e na Universidade de Vigo) e no Reino Unido (na Universidade de Roehampton).

Publicou numerosos artigos sobre refalado, incluído o único libro existente sobre o tema (Subtitling through Speech Recognition: Respeaking, 2011, Routledge), e é coautor do modelo NER, unha ferramenta para a avaliación da calidade en subtitulación en directo que foi adoptada por reguladores gobernamentais, emisoras, provedores de servizos de acceso e universidades en máis de 20 países de Europa, América, África, Asia e Australia.

Colaborou con institucións en moitos destes países para introducir e mellorar o acceso á televisión e eventos en vivo para persoas con perda auditiva. Nos últimos 5 anos, foi nomeado evaluador externo oficial da calidade dos subtítulos en directo no Reino Unido e Canadá.

En 2008, coordinou a parte de subtitulado do proxecto DTV4 ALL financiado con fondos de CPI-ICT da UE e, dende entón, participou noutros proxectos de CPI-ICT sobre accesibilidade e subtitulación en directo, como HBB4 ALL e SAVAS. Actualmente, é o líder de MAP ( COMM/MAD/2016/04), un proxecto financiado pola Comisión da UE para o desenvolvemento da primeira plataforma en liña que cobre a accesibilidade dos medios de comunicación en todo o mundo. MAP utilizarase como unha ferramenta de difusión en ILSA, asegurando, así, que os seus resultados alcancen a todas as partes interesadas nesta área.

                               

                                 

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content