Universidade de Amberes




A Universidade de Amberes é unha universidade de investigación con orientación internacional. Posúe un corpo estudantil de 20 000 persoas, das cales un 16% son estudantes internacionais. Caracterízase polos seus altos estándares en educación, investigación internacional competitiva e enfoque empresarial. Ofrece 33 títulos de grao, 86 de máster, 32 de máster avanzado e 27 de posgrao, todos eles compatibles con Bolonia, organizados en 9 facultades, 48 centros e 20 institutos. Ademais, 24 destes programas impártense integramente en inglés. Os programas de doutoramento están dispoñibles en todas as facultades e os créditos ECTS están completamente implementados en todos os programas de estudo. A UAmberes conta con 9 Centros de Investigación Excelencia e con varios grupos de investigación de renome internacional. En canto á súa política educativa, a UAmberes céntrase en 4 ámbitos: o nexo entre educación/investigación, formación baseada en competencias, activación do estudante e internacionalización.
Amberes ten unha ampla experiencia na xestión de proxectos de cooperación internacional, tanto en investigación como en educación. Esta Universidade participou con éxito en todos os programas educativos europeos, tanto como coordinadora como socia: Sócrates/Aprendizaxe Permanente (mobilidade, programas intensivos, desenvolvemento curricular, Grundtvig, Lingua, Comenius), Leonardo, Tempus (países MED/ TACIS/ CARDS), Asia-link, ALFA e ALBAN, EDULINK, Erasmus Mundus acción 1, Erasmus Mundus acción 2, Jean Monnet (diferentes presidencias), Tuning, EU/ US Atlantis. Dende 2009, a Oficina de Relacións Internacionais coordinou 6 proxectos Erasmus Mundus acción 2. A Facultade de Artes ten unha ampla experiencia con varios proxectos do ERC, un proxecto de cidadanía da UE (7.º Programa Marco) e unha ITN Marie Curie. A duradeira experiencia de xestión en programas de mobilidade e en proxectos europeos e internacionais fai da Universidade de Amberes e da nosa facultade un socio fiable na cooperación internacional.




Departamento de Tradución e Lingüística


O Departamento de Lingüística Aplicada/Tradutores e Intérpretes conta cun dos poucos cursos europeos de subtitulación intralingüística en directo, que inclúe, tamén, unha cantidade limitada de directo interlingüístico. Este curso, que forma parte do Máster en Interpretación do departamento, impárteo Anthony Van Hoey, profesional da emisora comercial VTM (Vlaamse televisiemaatschappij, emisora de televisión flamenca) e antigo alumno do departamento. Anteriormente, o curso foi impartido por Veerle Haverhals, tamén exalumno e agora xefe de subtitulación en dita emisora. Ademais, TricS, o grupo de investigación do departamento, ten unha longa tradición na tradución audiovisual e na investigación en accesibilidade aos medios, incluída a investigación en subtitulación intralingüística en directo, que se realizou en colaboración con VRT, a emisora pública flamenca, e se financiou a través de proxectos locais. A Universidade de Amberes tamén organizou o terceiro Simposio Internacional sobre Subtitulación en Directo con Refalado en 2011 e Unlimited!, o primeiro simposio internacional sobre eventos en directo accesibles en 2016.



                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content