Universidade de Varsovia


A Universidade de Varsovia, fundada en 1816, é unha institución de educación superior pública orientada á investigación e a mellor e máis grande universidade de Polonia. Dende os seus comezos, esta universidade desempeñou un papel fundamental na vida intelectual, política e cultural de Polonia, e é mundialmente recoñecida como un destacado centro académico en Europa Central

Esta Universidade divídese en 21 facultades, 31 unidades independentes de ensino e investigación, 47 600 estudantes (3 200 doctorandos), 3 400 estudantes de posdoctorado, 7 100 empregados (3 500 investigadores/profesores); 150 programas de estudo en Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias Naturais en primeiro, segundo e terceiro ciclo (grao, mestrado e doutoramento), Mestrado de 5 anos en Dereito e Psicoloxía, 23 programas de grao en inglés, 25 programas de máster conxuntos, centos de cursos en idiomas estranxeiros, formación profesional, educación a distancia e programas de verán.

A Universidade de Varsovia participa activamente en programas da UE: a) Programa de Aprendizaxe Permanente, incluído Erasmus+ (Proxecto de mobilidade: 2 350 mobilidades de saída e chegada en 2015/16, orzamento: 3 700 000 EUR); b) Erasmus Mundus (A1 – 2 proxectos: ADVANCES, GEM; A2 – 31 proxectos con IES de Asia, Rusia, Oriente Medio, América Latina, coordinación de 4 proxectos SIGMA/ SIGMA Agile – Balcáns Occidentais; SALAM/ SALAM 2 – Irán, Iraq, Iemen); c) en investigación: é a IES polaca máis activa (99 proxectos FP7 e 25 proxectos en Horizonte 2020 en ciencias naturais, informática, matemáticas, economía, socioloxía, química, transferencia de tecnoloxía, psicoloxía, linguas modernas). A UVarsovia tamén é membro de asociacións e redes internacionais, como EUA, EUF, UNICA, HUMANE, NOHA, BSRUN.

 

O sistema de garantía e mellora da calidade da educación na Universidade de Varsovia constrúese coa observancia da autonomía e o carácter específico das unidades da mesma, coa convicción de que a alta calidade se ve fortalecida mediante a autoavaliación, o diálogo, a cooperación, o apoio e a divulgación das mellores solucións e as máis efectivas. A investigación sobre as condicións de educación e a recomendación das accións que inflúen na mellora do control de calidade lévanse a cabo, a miúdo, por parte do equipo da Universidade, os equipos de facultade e os equipos da Unidade para a Garantía da Calidade na Educación.

 


 

Instituto de Lingüística Aplicada

O Instituto de Lingüística Aplicada da Universidade de Varsovia coordinou o primeiro e único proxecto polaco sobre subtitulación en directo con refalado, financiado polo Centro Nacional de Ciencias: “Refalado: proceso, competencias, calidade”. Grazas ao uso dun complexo estudo experimental (que inclúe medir a carga cognitiva dos participantes ao monitorear a súa actividade cerebral con electroencefalografía e a súa atención visual con seguimento ocular, así como realizar probas de capacidade de memoria de traballo e tarefas de lectura), estudáronse as competencias necesarias dos intérpretes, tradutores e subtituladores para converterse en refaladores. Os resultados do estudo utilizaranse no proxecto actual. Ademais de coordinar o proxecto de refalado, este instituto é a institución de formación de tradutores e intérpretes máis antiga de Polonia, cunha ampla experiencia en formación, non só de tradutores e intérpretes, senón tamén de subtituladores.

Equipado con infraestruturas e experiencia profesional para a formación de intérpretes, tradutores e subtituladores noveis, o Instituto de Lingüística Aplicada é o único departamento universitario en Polonia en introducir a subtitulación en directo con refalado no seu plan de estudos. O Instituto é membro de varias redes internacionais de cooperación e intercambio que promoven o recoñecemento profesional e a boa práctica. Entre elas, destacan a Rede EMT (Máster Europeo en Tradución), o EMCI (Máster Europeo en Tradución) e a CIUTI (Conferencia Internacional Permanente de Institutos Universitarios de Tradutores e Intérpretes). Estas redes utilizaranse para ampliar e aumentar a difusión e a sustentabilidade dos resultados de ILSA.



                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content