Vlaamse Radio- en Televisieomroeporganisatie



Vlaamse Radio-en Televisieomroeporganisatie (Organización de Radiodifusión en Flandes) ou VRT é a emisora pública nacional na rexión flamenca e Bélxica. Actualmente, ten catro canles: Eén (canle principal, antes coñecida como VRT TV1), Canvas (canle de calidade), Ketnet (canle para nenos) e Sporza (canle de deportes).

VRT ocupa unha posición clave na sociedade belga, centrándose na información, a cultura e a educación, ampla e detalladamente. VRT inviste en xornalismo independente e de alta calidade para proporcionar información e interpretacións imparciais, independentes e fiables. Tamén fomenta a participación cultural, ten interese na diversidade cultural da sociedade flamenca e ofrece unha xanela ao mundo. VRT fai que a cultura sexa accesible a unha ampla audiencia, de maneira que amplía, profunda e estimula o interese dos usuarios dos medios pola cultura e anímaos a participar nos abundantes programas culturais da sociedade flamenca. VRT apoia, en particular, a educación de nenos e mozos e, a miúdo, participa nunha cooperación máis ampla con institucións educativas, co fin de compartir contido real.

VRT céntrase en temas sociais importantes e sensibiliza e/ou mobiliza ás persoas ao redor destes temas. Estimular a cidadanía activa e a atención á educación científica, o espírito empresarial e a innovación son puntos de acción, temas sobre os que VRT consulta regularmente aos actores sociais. Ademais, ocupa un lugar importante na memoria colectiva de Flandes e desempeña un papel fundamental na educación para os usuarios dos medios de comunicación ao longo das diversas xeracións. VRT tómase moi en serio o seu papel educativo en todos os seus programas: quere educar e inspirar aos usuarios dos medios de comunicación flamencos e, para iso, a miúdo participa nunha cooperación máis ampla coas institucións educativas e estimula a cidadanía activa cun enfoque en problemas sociais.

VRT é unha das emisoras públicas líderes no mundo na área da accesibilidade para persoas xordas e cegas. Proporciona acceso para usuarios cegos a través da audiodescrición e para usuarios xordos en linguaxe de signos. En canto a subtítulos para persoas xordas e con problemas de audición, no ano 2020 VRT debería proporcionar subtítulos para o 90% dos seus programas de vídeo en liña. Dende 2015, xa estivo producindo subtítulos para o 98,3% de todos os programas en holandés.

VRT é particularmente innovadora e pioneira na subtitulación en directo, foco de moitos dos seus proxectos de investigación en colaboración coa Universidade de Amberes. VRT foi a primeira emisora europea en ofrecer subtítulos en directo con refalado en 2001 e unha das primeiras no mundo en experimentar cun retardo de antena nalgúns dos seus programas en directo. Isto permítelles acceder ao contido antes de que se transmita aos espectadores, de modo que se pode subtitular sen demora nin erros. Algo crucial para ILSA é que VRT é, xunto coa BBC e VTM (outros socios neste proxecto), unha das tres emisoras pioneiras no uso de subtítulos interlingüísticos en directo en todo o mundo. Actualmente, non ten un programa de formación para este novo tipo de servizo, pero espérase poder utilizar o curso de ILSA unha vez implementado, o que garantiría a implementación, difusión e sustentabilidade dos resultados do proxecto.



                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content