Anthony Van Hoey recibiu o título de intérprete e comezou a traballar como refalador en VTM, a canle de televisión comercial de Flandes, no ano 2012. Tamén é intérprete xurado e intérprete comunitario freelance; as súas linguas de traballo son principalmente o español, o inglés e o francés como linguas orixe e o neerlandés como lingua termo. Grazas ao seu labor como refalador en VTM, adquiriu experiencia en refalado intralingüístico e interlingüístico, principalmente do inglés e o francés ao neerlandés.
En 2012 empezou a impartir os cursos de interpretación comunitaria na axencia de integración flamenca, sobre todo en Bruxelas e Amberes, mais tamén noutras cidades de Flandes. No ano 2016, Anthony comezou a impartir o curso de subtitulado en directo da Universidade de Amberes, que forma parte do Mestrado en Interpretación. Dous anos máis tarde, empezou a impartir o curso de habilidades comunicativas, tamén dentro do mesmo mestrado.
A súa función como parte do equipo ILSA é principalmente de apoio. Neste sentido, tenta transmitir a súa experiencia tanto en refalado (intralingüístico e interlingüístico) como no ensino das ditas competencias.