Birgit Grübl é graduada pola Universidade de Viena cun mestrado en interpretación e, dende o ano 2010, é profesora nesta mesma universidade. En 2012, comezou a traballar en ORF, a emisora pública austriaca, como subtituladora en directo/refaladora para persoas xordas e con discapacidade auditiva. A Dra. Florence Hetzel traballa como tradutora e subtituladora profesional na Universidade de Viena dende 2010 e impartiu cursos de subtitulación no Center for Translation Studies (Centro de Estudos de Tradución).