Comezou a traballar como refaladora/subtituladora en directo en 2008 na canle de televisión belga VTM, tras un proxecto piloto coa Universidade de Amberes e VRT. En 2009 empezou a traballar na Universidade de Amberes impartindo refalado no Máster en Interpretación, ao tempo que continuou traballando para VTM como refaladora.
Na actualidade, Veerle segue a traballar en VTM e lidera un equipo de nove refaladores, ademais de realizar servizos de refalado interlingüístico como profesional autónoma. Forma parte do equipo ILSA e o seu traballo céntrase nas competencias dos refaladores interlingüísticos.