Equipo

A Dra. Iris Schrijver é profesora no Departamento de Lingüística Aplicada, Tradución e Interpretación da Universidade de Amberes (Bélxica), onde imparte docencia de grao e posgrao en tradución español-neerlandés e en Estudos de Tradución. A súa investigación céntrase nos aspectos cognitivos dos procesos tradutivos, o aspecto produtivo textual da tradución e as competencias do subtitulado interlingüístico en directo. Como membro do comité educativo departamental, adquiriu competencia en deseño curricular e redacción de resultados da aprendizaxe. No marco da súa investigación doutoral sobre o efecto da formación en redacción na tradución, adquiriu experiencia na adquisición da competencia tradutora. Resulta de especial importancia para este proxecto a súa experiencia en investigación empírica (estudos de procesos) e, en particular, no deseño curricular. Alén do anterior, tamén ten experiencia en xestión de proxectos (proxecto de investigación dun ano e de catro anos de duración financiados con fondos propios, por exemplo, sobre a recepción de clases impartidas en inglés subtituladas).

                               

                                                              

Universidade de Vigo Facultade de Filoloxía e Tradución | Despacho Newton 5 | Campus de Vigo As Lagoas | Ctra. de Marcosende | 36310 Vigo (España)
Back to top
Skip to content